PP, UPyD e PNV votarán este xoves no Congreso contra a prohibición do fracking proposta por Izquierda Plural
Fálase
O BNG pide no Parlamento eliminar as exencións fiscais dos deputados. Os parlamentarios autonómicos cada ano reciben máis de 31.000 euros libres de impostos para aloxamento e manutención, que supoñen o 54% dos 57.000 ingresos totais que como mínimo cobra cada deputado.
A economía alemá caeu un 0,6% no cuarto trimestre do ano, unha décima máis do agardado. O PIB francés tamén caeu un 0,3% e rolda a recesión
A Generalitat proporalles hoxe aos seus funcionarios deixalos de novo sen unha paga extra
Políticos de distintos partidos foron espiados en Catalunya. Dirigentes do PSC contradinse sobre a relación do partido coa empresa Método 3, que levou a cabo a espionaxe.
AGE insta á Xunta e ao Ministerio a que resolvan o que consideran "as hipotecas que están a lastrar a ría de Ferrol", como son os vertidos de Reganosa, o perigoso tráfico que supoñen as instalacións gaseiras no interior da ría e os continuados atrasos para realizar o seu saneamento integral.
O PSdeG denuncia que a Xunta duplicará o prezo da auga en 2013. A deputada Patricia Vilán critica o “afán recadatorio” da Lei de Augas aprobada polo PP en 2010 "pero que non aplicaron ata que pasaron as eleccións autonómicas"
A organización pro taurina Mesa del Toro amenaza con querelarse contra ElDiario.es por un artigo de opinión no que a xornalista Ruth Toledano criticaba as touradas.
O PP lanza en Twitter a campaña #QuelaenseñeRubalcaba para que o líder socialista faga pública a súa declaración da renda e os usuarios da rede social retrucan cunha marea de chanzas sobre o lema.
AGE solicita a convocatoria da comisión do Estatuto dos Deputados no Parlamento para tratar a expulsión do seu deputado David Fernández, decidida onte polo popular Miguel Santalices cando exercía de presidente accidental do pleno