AGE solicita a convocatoria da comisión do Estatuto dos Deputados no Parlamento para tratar a expulsión do seu deputado David Fernández, decidida onte polo popular Miguel Santalices cando exercía de presidente accidental do pleno
Fálase
Circula pola rede a intervención de Alberto Garzón na comparecencia de Mario Draghi no Congreso, gravada ás agachadas debido á prohibición expresa de rexistrar o que sucedia na sala: "Vostede vén como representante dun poder antidemocrático"
Un home de 55 anos suicídase en Alacante cando ía ser desafiuzado por unha débeda de 24 mil euros no alugueiro. A comisión xudicial que lle ía comunicar o lanzamento atopou o corpo sen vida. A Plataforma Stop Desahucios denuncia que "non é un suicidio, é un asasinato"
Colectivos profesionais de xornalistas manifestan conxuntamente o seu apoio ás reclamacións do persoal da CRTVG "en defensa da súa independencia e da liberdade de información". Recólleo a web do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
O xornal guatemalteco Plaza Pública dedicalle unha reportaxe fotográfica ao entroido galego
Este tarde presentarase en Compostela o manifesto Chamamento polo Galego, asinado por 200 representantes de distintos ámbitos sociais, e que insta a Xunta á non presentación de recurso de casación perante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG verbo do Decreto do plurilingüismo. Será na Galeria Sargadelos ás 18 horas
Manifestantes do naval queiman nas inmediacións do Parlamento unha reprodución simbólica dun dos floteis de Pemex
O sector eólico galego perderá o 40% dos seus ingresos despois dos últimos recortes do Ministerio de Industria. De igual xeito, está paralizado o proxecto de Estela Eólica, que afirma que a Xunta non contestou ás súas alegacións despois de que o Goberno galego lle abrise expediente en setembro por non comezar o proxecto previsto.
- O persoal do naval concéntrase ante o nutrido cordón de antidisturbios que blinda o Parlamento
- O Parlamento está esta mañá blindado por unidades de antidisturbios. Este mediodía celébrase en Compostela unha manifestación a prol do sector naval