ICV e EUiA aproban a súa integración en Guanyem Barcelona e únense así ao aval de Podemos e Procés Constituent para conformar unha candidatura unitaria ao Concello barcelonés.
Fálase
Bruxelas medita disolver a troika como concesión a Grecia. A Comisión Europea ofrecerá facilidades se o goberno heleno cumpre os seus compromisos.
A Xunta exixe a 3.800 empresas a devolución de 18,6 millóns en axudas por non crear ou manter o emprego. As firmas perceptoras incumpriron os obxectivos de contratar ou manter o cadro de persoal.
Os candidatos a liderar Podemos defenden Galicia como nación, segundo as resposta a unha entrevista común en El País. Dous ex afiliados de Galiza Nova aspiran a liderar a formación no país.
O PP remonta e consolídase como primeira forza, segundo unha enquisa para eldiario.es. O PSOE sería segundo nas vindeiras eleccións xerais, seguido de Podemos, que obtería máis do 20% dos votos. O BNG mantería representación no Congreso.
Hoxe faise un ano do Tren da Liberdade, a mobilización a prol do dereito ao aborto que encheu as rúas de Madrid o 1 de febreiro de 2014 para rexeitar a contrarreforma do Goberno central. O documental Yo decido. El tren de la libertad lembra o acontecido naquela xornada.
A porcentaxe de mulleres nas reais academias do Estado non chega ao 10%. Cóntao El Diario
O Concello de Lalín destina 100.000 euros a iniciar a construción do 'Parque do Cocido'. Terá "xogos de grelos, unha pota xigante" e "algún porco", di o alcalde, que nega que a obra sexa electoralista. Recólleo Faro de Vigo
Esquerda Unida celebrará primarias abertas para as municipais na Coruña, Santiago e Ferrol. Yolanda Díaz e Rubén Pérez volven apelar á "confluencia". Cóntao La Opinión
Feijóo asegura que non vai "consentir" que quen lle votou ao PP nas municipais de 2011 "quede na casa". Recólleo Faro de Vigo