Maña xornada para os equipos galegos na Segunda división de fútbol. O Deportivo da Coruña cae por 0-2 ante o Sporting de Xixón despois de que O Club Deportivo Lugo fose derrotado onte polo Girona por 1-2.
Fálase
Feijóo sentenza que a manifestación do BNG "se fai porque se fixo a Diada" de Catalunya. O presidente expresou a súa dedución nunha entrevista na Radio Galega que recolle Europa Press.
O galego Javier Gómez Noya proclámase campión do mundo de triatlón por terceira vez nunha emocionante carreira decidida ao sprint.
O BNG enche a praza da Quintana no remate da manifestación a prol da soberanía. Toda a información, esta tarde en Praza.
El País analiza a actividade dos fondos de investimento estranxeiros no Estado e as súas compras. Quen merca España?
Feijóo avanza subas de impostos nunha entrevista en La Voz, na que asegura que o PP volvería revalidar a maioría absoluta en Galicia se agora se celebrasen eleccións.
A Xunta dá por extinguido o incendio de Vincios (Gondomar). Arrasou, segundo datos oficiais, unhas 28 hectáreas.
O BNG celebra a súa manifestación "por unha Galiza soberana" a partir das 12 desta mañá na Alameda de Compostela. A marcha concluirá na Praza da Quintana.