O rei convoca unha nova rolda de consultas para a investidura os días 25 e 26
Fálase
3.225 persoas votaron nas primarias de Podemos Galicia, celebradas entre o venres e o domingo, o que supón o 15,77% do censo de 20.444 inscritos e inscritas. Este martes daranse a coñecer os resultados.
O pleno da Coruña esíxelle ao Ministerio de Defensa que non edifique na Maestranza e que lle ceda as parcelas ao Concello. Marea e BNG apoiaron a moción da Comisión en Defensa do Común, mentres que PSOE e PP se abstiveron.
O PSOE terá que modificar as súas normas para cumprir o compromiso de primarias se non hai investidura. Os prazos establecidos no regulamento do partido exceden a marxe que a lei outorga para presentar candidaturas antes das eleccións
Camilo de Dios, republicano de honra 2016 en representación da guerrilla antifranquista. Así o anunciou este luns a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, que recolle na súa web o testemuño do homenaxeado.
O propietario da orquestra Panorama acóllese ao dereito a non declarar no xulgado que o investiga por presunta fraude fiscal. A Fiscalía acúsao dunha fraude de 9 millóns de euros. Recólleo Europa Press.
O ministro José Manuel Soria figura nos 'papeis de Panamá'. Administrou dous meses unha sociedade ligada ao bufete Mossack Fonseca nos anos 90. Está a contalo eldiario.es
Detido Mario Conde por repatriar 10 millóns de euros desde Suíza. O ex banqueiro e ex candidato á Xunta foi arrestado este luns pola Garda Civil.
Xornada continua, cambio no fuso horario, derrogación da reforma laboral, liberalización de horarios, xornada de 35 horas, prioridade nos concursos públicos e beneficios fiscais ás empresas con medidas de flexibilidade horaria, medidas propostas por expertos s sindicatos para mellorar a conciliación da vida laboral e incrementar a produtividade.
Unha directiva europea permitirá denunciar filtracións xornalísticas se non perseguen o “interese público". O texto, que será votado no Parlamento o vindeiro martes, supón unha “protección excesiva dos segredos empresariais”, denuncian organizacións sociais e forzas de esquerda