15 antidisturbios efectuaron esta mañá en Ferrol o desafiuzamento dunha muller e o seu fillo de catro anos que onte un grupo de veciños e veciñas conseguira evitar. Rebentaron a porta da casa e cortaron as cadeas coas que Yolanda se atara ao balcón. Concelleiros de EU e BNG están mediando no Concello (na imaxe) para que obteña unha vivenda provisional.