#consellodaxunta Feijóo insta a Pachi Vázquez a superar o "déficit de madurez" e censúrao por "mentir" ao acusalo de falsear as contas non pagando facturas no último trimestre de 2011. "É unha mentira maiúscula", asegura o presidente, que non cre que Vázquez sexa "tan indocumentado" e ínstao a "rectificar".
Fálase
#consellodaxunta A Xunta crea unha comisión mixta co Concello de Santiago para delegar no goberno local as competencias da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural no referente á zona histórica da capital de Galicia.
#consellodaxunta Feijóo dá por "pechado" o acordo dos estaleiros galegos coa petroleira mexicana Pemex. Asinarase esta tarde e suporá a construción de "catorce remolcadores, sete en estaleiros galegos e outros sete en colaboración con estaleiros mexicanos".
#consellodaxunta O Goberno galego inicia os trámites da Lei de Telecomunicacións. Os operadores de telefonía "estarán obrigados" a compartir as súas infraestruturas
CCOO e UGT concentráronse onte á noite nas sete cidades galegas contra a reforma laboral. E volverán facelo hoxe ao mediodía, ás 12.
O PNV pide que, ademáis do himno de España, soen o vasco e o catalán na final de Copa
A representante española en Eurovisión asegura que TVE lle "pediu que non gane" polo gasto que suporía organizar o festival do vindeiro ano. En Fórmula TV.
Detidos os responsables de youkioske.com por un delicto contra a propiedade intelectual. A páxina española permitía acceder de forma gratuita aos conteidos de diferentes xornais e revistas
Aralar, Alternatiba, EA e a esquerda abertzale presentan seis propostas concretas para darlle outra saída á crise. O texto baséase na redistribución equitativa da riqueza, na igualdade real entre mulleres e homes o no respecto ao medioambiente.
A SEPI anuncia novos contratos "en moi curto prazo" para Navantia, logo das reunións que tivo durante o día de onte en Ferrol.