Os alcaldes do BNG amosan a súa solidariedade cos afectados polas preferentes e denuncian a quita aos aforros dos miles de familias galegas estafadas polos bancos. Os rexedores nacionalistas reuníronse este mércores en Compostela e póñense ao dispor dos aforradores para "cantas accións reivindicativas decidan desenvolver".