Centos de persoas maniféstanse en Xinzo contra a mina de feldespatos que a empresa Minercer pretende levar a cabo en varias parroquias do Concello.
Fálase
Os afectados polas preferentes obrigan a suspender o pleno de Ponteareas. É o sexto que se paraliza nesta semana por mor das protestas dos aforradores. Imaxe de @A3Galicia.
O xuíz Ruz queda coa investigación do caso Bárcenas. A Audiencia Nacional apoia o criterio da Fiscalía.
A Xustiza declara nulo o despedimento de once traballadores do Instituto Municipal de Deportes (IMD). A CIG esixe a dimisión do alcalde e do concelleiro de Deportes.
S&P rebaixa o rating de Novagalicia Banco a bono lixo e prevé unha "perspectiva negativa" para a entidade galega.
Eurostat desmente a Montoro e eleva o déficit de 2012 ao 6,98%, fronte ao 6,74% publicado polo Goberno
A Fronte Antitaurina do Parlamento galego suma xa 26 deputados: 10 do PSdeG-PSOE, os 9 de AGE e os 7 do BNG. O socialista Francisco Caamaño vén de asinar o documento de compromiso a prol dunha comunidade sen touradas.
O PSdeG recorrerá ante o Constitucional o copago nos comedores escolares. Veno de anunciar no Parlamento, onde Feijóo defende a medida. Máis información, nesta mañá en Praza.
Catro de cada dez empresas en España sobreviven sen gañar nin un euro pola súa actividade. A marxe de beneficio das compañías cae ao nivel máis baixo en quince anos.