A Fronte Antitaurina do Parlamento galego suma xa 26 deputados: 10 do PSdeG-PSOE, os 9 de AGE e os 7 do BNG. O socialista Francisco Caamaño vén de asinar o documento de compromiso a prol dunha comunidade sen touradas.
Fálase
O PSdeG recorrerá ante o Constitucional o copago nos comedores escolares. Veno de anunciar no Parlamento, onde Feijóo defende a medida. Máis información, nesta mañá en Praza.
Catro de cada dez empresas en España sobreviven sen gañar nin un euro pola súa actividade. A marxe de beneficio das compañías cae ao nivel máis baixo en quince anos.
Endesa pide que a Audiencia Nacional suspenda a obriga de comprar carbón. Gas Natural Fenosa tamén estuda acudir aos tribunais.
A inflación interanual baixou catro décimas en marzo e situouse no 2,4%
Os tribunais poñen límites á reforma laboral. A conflitividade nos xulgados aumentou dende a aprobación da norma e os xuices botan atrás os despidos colectivos se comproban que a empresa non negociou cos traballadores ou fíxoo de mala fe.
La Opinión entrevista a Xesús Alonso Montero sobre a súa candidatura a presidir a RAG. Rexeita a fusión de RAG, ILG e CCG e defende que a Academia debe manter a súa oposición ao decreto de plurilingüismo.
O Tribunal Supremo dos EE UU dubida se pronunciarse sobre o matrimonio gai. Os nueve xuices deben estudar se as leis que prohíben contraer matrimonio a parellas do mesmo sexo incumpren a Constitución ao no respectar o seu dereito á igualdade.
O PP non admite a dación en pago pero flexibiliza os criterios de pago das débedas e o prazo para pagalas. O executado quedará liberado se paga, no prazo de cinco anos, o 65% da cantidade que quedara pendente.
ETA advirte de "consecuencias negativas" tras o rexeitamento do Goberno a negociar en Oslo. A banda terrorista emite un amplo comunicado onde asegura que se "atrasa e dificulta a resolución" do conflito.