ETA advirte de "consecuencias negativas" tras o rexeitamento do Goberno a negociar en Oslo. A banda terrorista emite un amplo comunicado onde asegura que se "atrasa e dificulta a resolución" do conflito.
Fálase
O PP apoia a paralización das obras da Cidade da Cultura a proposta do BNG. Máis información, nuns intres en Praza.
Imputados dous antidisturbios dos Mossos d’Esquadra pola agresión a Ester Quintana.
A Deputación de Lugo acorda retirarlle a Medalla de Ouro a José Luis Méndez. O ex director xeral de Caixa Galicia devolveu tamén o título de filllo predilecto do Concello da Coruña.
Arraianos, seleccionada a competición no Festival Internacional de Cine de Buenos Aires, o BAFICI. A presenza galega no prestixioso festival arxentino complétase coa estrea mundial da longametraxe de Ramiro Ledo VidaExtra, e cun foco dedicado ao cineasta Lois Patiño
O PP reforza a criminalización da PAH. A tese de Cristina Cifuentes foi subscrita hoxe polo portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso, Rafael Hernando: "o único que fai é alentar unha esquerda radical que favorece e impulsa a violencia e que coqueteou no pasado, e mesmo na actualidade, con outras organizacións próximas ao terrorismo".
Xesús Alonso Montero presenta a súa candidatura a presidir a RAG, logo de que Manuel González xa anunciara a súa intención de optar á presidencia. Na candidatura do catedrático tamén estarían Rosario Álvarez e Torres Queiruga. Máis información, esta tarde en Praza.
Mato anuncia para este ano a carteira de servizos que reformulará as oficinas de emprego. A conselleira de Traballo veno de adiantar no pleno do Parlamento galego.
A Entidade Reguladora da Saúde (ERS) denuncia que varios hospitais públicos portugueses permiten o exercicio da medicina privada nas súas instalacións e pídelle ao Goberno que poña fin a esta situación.
O paro superará o 27% e o PIB caerá un 1,5% no Estado, segundo o Banco de España, que ten unhas previsións máis pesimistas que as do Goberno central.