O PP reforza a criminalización da PAH. A tese de Cristina Cifuentes foi subscrita hoxe polo portavoz adxunto do Grupo Popular no Congreso, Rafael Hernando: "o único que fai é alentar unha esquerda radical que favorece e impulsa a violencia e que coqueteou no pasado, e mesmo na actualidade, con outras organizacións próximas ao terrorismo".