O paro superará o 27% e o PIB caerá un 1,5% no Estado, segundo o Banco de España, que ten unhas previsións máis pesimistas que as do Goberno central.
Fálase
O PP rexeita que Núñez Feijóo explique no Parlamento as responsabilidades do Goberno no conflito das preferentes. A oposición intentou cambiar a orde do día, pero os populares votaron en contra. O BNG luciu camisetas e cartei en apoio aos preferentistas.
A policía desaloxa os afectados polas preferentes pechados no Concello de Sanxenxo. Mantiñan un encerro por quendas desde hai tres meses. Máis información, nesta mañá en Praza.
O mapa da corrupción en España. La Información analiza o 'top ten' dos casos de corrupción máis importantes no Estado, desde o Nóos ata o dos ERE de Andalucía.
O corralito de Chipre amplíase ata o xoves. Os bancos da illa non abrirán as súas portes mañá, tal e como estaba previsto, senón o día 28.
O pleno de Vilagarcía aproba entre as protestas veciñais as taxas para uso de recintos culturais
As XII Xornadas Libres do Grupo galego de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) celebraranse do 22 de abril ao 26 do mesmo mes, na Facultade de Informática da Coruña. Haberá conferencias, obradoiros e concursos “con contidos do máis heteroxéneo, pero sempre xirando arredor do mundo da cultura libre”.
Anticorrupción pídelle ao xuíz Ruz que impute o extesoureiro do PP Ángel Sanchís por colaborar no presunto delicto de branqueo de capitais atribuido a Luis Bárcenas.
A Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH) presentará ás once da mañá en xulgados de toda España peticións nas que se reclama a nulidade dos procesos de desafiuzamento que están en trámite ou, subsidiariamente, a súa suspensión. A demanda baséase na sentenza da xustiza europea que declara ilegal o procedemento
Educación limita o acceso a FP vía exame. Máis de 5.500 mozos e mozas competirán por 1.700 prazas nos ciclos medios, fronte ás 3.000 de antes