Educación limita o acceso a FP vía exame. Máis de 5.500 mozos e mozas competirán por 1.700 prazas nos ciclos medios, fronte ás 3.000 de antes
Fálase
A CNMV fixa o 5 de abril como prazo máximo para que Pescanova presente as súas contas
ERC entraría no goberno de Mas se se concreta unha data e unha pregunta para a consulta. Oriol Junqueras advirte de que romperá o seu acordo de gobernabilidade con CiU se se adía a celebración do referendo
Bieito Lobeira é o novo secretario de organización do BNG. A Executiva nacionalista distribuíu as novas responsabilidades entre os seus membros con Goretti Sanmartín en Estratexia Municipal, Xosé Antonio Rubal en Comunicación e Montse Prado en Imaxe e Campañas. O organigrama complétano Xavier Campos (Alternativas Programáticas), Adrián Dios (Estudos e Formación), Saleta Chao (Políticas Sectoriais), Ana Miranda (Política Internacional), Rafael Vilar (Acción Social), Mar Vila (Territorio), Ximena González (Acción Feminista) e Iniciativas Políticas (Nestor Rego). Jorquera coordina a acción institucional no Parlamento e Rosana Pérez, no Congreso dos Deputados.
A Junta de Castilla-La Mancha demanda a Greenpeace por "atentar contra a honra" de Dolores de Cospedal. En Cuarto Poder
Publícase un adianto do documental Aforradores - A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas, que se poderá ver integramente en breve.
El País recolle a "orixe" da "falsa vinculación" da Plataforma de Afectados pola Hipoteca con ETA, suxerida pola delegada do Goberno central en Madrid. Cifuentes asentaría o seu argumento en que Stop Desafiuzamentos Bizkaia apoiou unha manifestación a prol do achegamento de presos a Euskadi.
A Plataforma Veciñal Corno do Monte convoca unha concentración contra a mina de feldespatos que a empresa de Castellón Minercer S.L. pretende levar a cabo en Xinzo. A concentración terá lugar o mércores ás 12 da mañá e terá como lema A mina ou nós
As Nuevas Generaciones do PP en Castellón lanzan a campaña #Quenotelíen, coa que convidan a mocidade a delatar o profesorado que considere que exerce "adoutrinamento ideolóxico". Instan a realizar denuncias públicas en Twitter ou "anónimas" a través do correo electrónico. Recólleo El Periódico de Catalunya.
A Muralla de Lugo disponse a pasar o seu primeiro 'exame' ante a Unesco trece anos despois de ser declarada Patrimonio da Humanidade. Cóntao El Progreso.