A Junta de Castilla-La Mancha demanda a Greenpeace por "atentar contra a honra" de Dolores de Cospedal. En Cuarto Poder
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/515085caeb295-cospedal_demanda_greenpeace.png)
A Junta de Castilla-La Mancha demanda a Greenpeace por "atentar contra a honra" de Dolores de Cospedal. En Cuarto Poder
Publícase un adianto do documental Aforradores - A estafa das Participacións Preferentes e Subordinadas, que se poderá ver integramente en breve.
El País recolle a "orixe" da "falsa vinculación" da Plataforma de Afectados pola Hipoteca con ETA, suxerida pola delegada do Goberno central en Madrid. Cifuentes asentaría o seu argumento en que Stop Desafiuzamentos Bizkaia apoiou unha manifestación a prol do achegamento de presos a Euskadi.
A Plataforma Veciñal Corno do Monte convoca unha concentración contra a mina de feldespatos que a empresa de Castellón Minercer S.L. pretende levar a cabo en Xinzo. A concentración terá lugar o mércores ás 12 da mañá e terá como lema A mina ou nós
As Nuevas Generaciones do PP en Castellón lanzan a campaña #Quenotelíen, coa que convidan a mocidade a delatar o profesorado que considere que exerce "adoutrinamento ideolóxico". Instan a realizar denuncias públicas en Twitter ou "anónimas" a través do correo electrónico. Recólleo El Periódico de Catalunya.
A Muralla de Lugo disponse a pasar o seu primeiro 'exame' ante a Unesco trece anos despois de ser declarada Patrimonio da Humanidade. Cóntao El Progreso.
A delegada do Goberno central en Madrid, Cristina Cifuentes, enmarca a Plataforma de Afectados pola Hipoteca dentro dos "grupos filoetarras". Díxoo nunha entrevista en RNE.
O Ministerio de Fomento publica este luns no BOE un anuncio referido ao treito da autovía A-8 entre Mondeñedo e Lorenzana para referirse a Mondoñedo e Lourenzá.
O Concello de Lugo rematou o ano 2012 con máis de 13,5 millóns de euros de superávit, segundo vén de informar a través dun comunicado
O BNG de Vigo ofrécelles friameiras aos edís do PP durante a defensa dunha moción contra a suba de prezos dos comedores escolares da Xunta.