O Concello de Lugo rematou o ano 2012 con máis de 13,5 millóns de euros de superávit, segundo vén de informar a través dun comunicado
Fálase
O BNG de Vigo ofrécelles friameiras aos edís do PP durante a defensa dunha moción contra a suba de prezos dos comedores escolares da Xunta.
Popularízase unha aplicación que crea tuits simulando ser escritos por calquera conta de usuario. Let Me Tweet That For You mesmo crea retuits e favoritos tamén falsos.
Sin Permiso publica un dossier sobre o rescate de Chipre con textos de Aditya Chakrabortty, Alejandro Nadal, Larry Elliott, Paul Krugman, Michael Roberts, Yanis Varoufakis e Francisco Louça.
O Partido Socialista portugués presentará a vindeira semana unha moción de censura contra o goberno de Pedro Passos Coelho. Acusan o PSD de ter deixado o país nunha situación de “pré-ruptura social”
A dirección do Partido Popular leva un mes sen comparecer ante os medios de comunicación. A última rolda de prensa convocada tivo lugar o 25 de febreiro.
Podería haber dúas listas aspirantes á presidencia da Real Academia Galega, segundo publica este luns Faro de Vigo. Xesús Alonso Montero e Manuel González poderían encabezar as dúas opcíóns.
A Eurozona e o FMI pactan un duro rescate de Chipre. O acordo inclúe a liquidación dun dos seus grandes bancos e impón quitas aos depósitos de máis de 100.000 euros. Non será necesaria a aprobación do Parlamento.
Resultados da Terceira División galega
Dorneda 1 - 0 Racing Vilalbés
Deportivo B 4 - 1 As Somozas
Betanzos 3 - 1 Rápido de Bouzas
Barbadás 0 - 2 Celta B
Bergantiños 0 - 2 Pontevedra
Ordes 1 - 0 Narón
As Pontes 3 - 2 Céltiga
Compostela 2 - 1 Negreira
Racing de Ferrol 2 - 0 Cerceda
Vilalonga FC 1 - 1 Alondras CFElaboran un mapa no que se pode visualizar a porcentaxe de persoas galegofalantes nos diferentes concellos do país.