Elaboran un mapa no que se pode visualizar a porcentaxe de persoas galegofalantes nos diferentes concellos do país.
Fálase
AGE celebra en Lugo unha asemblea informativa sobre as probas de avións non tripulados no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei.
- Chipre limita a 100 euros a marxe de retirada diaria de cartos nos caixeiros dos bancos do país
De Cospedal acusa o PSOE de incitar a mocidade a exercer a violencia contra o PP. Cóntao El Diario.
- O Obradoiro vénse de impoñer ao Estudiantes por 82-71 e rolda os postos de play off da ACB
El País destaca conversa do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, cun dos gardas civís que este sábado blindou o congreso do PP de Pontevedra: " -¿Al del cencerro lo habéis detenido? -No -Pues ese es un cabrón"
O troco por liquidez das accións de Novagalicia Banco que recibirán os afectados polas preferentes implicará un desconto adicional de arredor do 10%. Cóntao Faro de Vigo
O Eurogrupo tenta este domingo pechar a intervención da economía de Chipre. Cóntao a Cadena SER.
- O Club Deportivo Lugo impúxose esta tarde por 3-2 ao Racing de Santander e está máis preto de asegurar a permanencia na Segunda
- Chipre e a Troika da UE e o FMI veñen de pactar unha quita do 20% para os depósitos bancarios de máis de 100.000 euros