De Cospedal acusa o PSOE de incitar a mocidade a exercer a violencia contra o PP. Cóntao El Diario.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/514f00a79804b-cospedal-incitar-jovenes-violencia-irresponsable_ediima20130324_0098_13.jpg)
De Cospedal acusa o PSOE de incitar a mocidade a exercer a violencia contra o PP. Cóntao El Diario.
El País destaca conversa do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, cun dos gardas civís que este sábado blindou o congreso do PP de Pontevedra: " -¿Al del cencerro lo habéis detenido? -No -Pues ese es un cabrón"
O troco por liquidez das accións de Novagalicia Banco que recibirán os afectados polas preferentes implicará un desconto adicional de arredor do 10%. Cóntao Faro de Vigo
O Eurogrupo tenta este domingo pechar a intervención da economía de Chipre. Cóntao a Cadena SER.
O persoal da recollida de lixo de Vigo vén de desconvocar a súa folga tras acadar un acordo coa empresa "que mantén o poder adquisitivo"
Este mediodía celebrouse no barrio compostelán de San Lázaro unha concentración para esixir a "liberdade" de Ángel Espadas. Os simpatizantes do ex xefe de gabinete de Gerardo Conde Roa e antigo concelleiro do PP reclaman que saia de prisión, onde o enviou a xuíza que instrúe o caso Manga, quen observou "risco de fuga".
Afectados polas preferentes xa se manifestan nos exteriores do recinto feiral de Silleda, onde o PP celebra o seu congreso provincial, ante un enorme dispositivo policial dirixido persoalmente, segundo informa a Cadena SER, polo subdelegado do Goberno central en Pontevedra. (foto: @A3Galicia)