Fálase
- O Club Deportivo Lugo impúxose esta tarde por 3-2 ao Racing de Santander e está máis preto de asegurar a permanencia na Segunda
- Chipre e a Troika da UE e o FMI veñen de pactar unha quita do 20% para os depósitos bancarios de máis de 100.000 euros
O persoal da recollida de lixo de Vigo vén de desconvocar a súa folga tras acadar un acordo coa empresa "que mantén o poder adquisitivo"
Este mediodía celebrouse no barrio compostelán de San Lázaro unha concentración para esixir a "liberdade" de Ángel Espadas. Os simpatizantes do ex xefe de gabinete de Gerardo Conde Roa e antigo concelleiro do PP reclaman que saia de prisión, onde o enviou a xuíza que instrúe o caso Manga, quen observou "risco de fuga".
Afectados polas preferentes xa se manifestan nos exteriores do recinto feiral de Silleda, onde o PP celebra o seu congreso provincial, ante un enorme dispositivo policial dirixido persoalmente, segundo informa a Cadena SER, polo subdelegado do Goberno central en Pontevedra. (foto: @A3Galicia)

A obra Los mitos del 18 de julio proponse desmontar as "lendas" alimentadas durante o franquismo sobre a II República Española e o golpe de Estado que a derrubou. Recólleo Público.es.
O PP celebra hoxe en Silleda o seu congreso provincial de Pontevedra, que inicialmente se ía celebrar na capital da provincia. Está previsto que persoas afectadas polas preferentes se manifesten no entorno do acto dos conservadores.
Manuel González e Xesús Alonso Montero optarán a presidir a Real Academia Galega, segundo adianta El País
Alfonso Cabaleiro, ex secretario xeral de Medios da Xunta, será o novo xerente de Galicia Calidade