Este mediodía celebrouse no barrio compostelán de San Lázaro unha concentración para esixir a "liberdade" de Ángel Espadas. Os simpatizantes do ex xefe de gabinete de Gerardo Conde Roa e antigo concelleiro do PP reclaman que saia de prisión, onde o enviou a xuíza que instrúe o caso Manga, quen observou "risco de fuga".