Os afectados polas preferentes de Novagalicia perderán un 43% dos seus aforros de media, segundo os primeiros datos do FROB. A quita para os aforradores do Banco Gallego será do 50%. Máis información, nuns minutos en Praza.
Fálase
O xuíz Ruz investigará a conexión entre Gürtel e a contabilidade do PP. Anuncia nun novo auto que investigará esta relación directa entre o partido e a trama.
De Guindos ratifica que se producirá un canxe de preferentes por accións no caso de Novagalicia Banco. Esas accións "poderán vendelas ao Fondo de Garantía de Depósitos". Máis información, esta tarde en Praza.
José Luis Méndez renuncia ao título de fillo predilecto da Coruña, logo de que o Concello iniciase os trámites para retirarlle a distinción, segundo adiantou Radio Coruña. Cóntao El País.
O Goberno central anuncia mecanismos para o troco de accións por "liquidez" aos afectados polas preferentes e anuncia outra comisión de seguimento da arbitraxe na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.
Rexeitados os orzamentos da USC no claustro con 94 votos en contra. Máis información, nuns minutos en Praza.
O PP pontevedrés cambia o emprazamento do seu congreso provincial de Pontevedra a Silleda. No entorno do partido temíase que ante o acto que vai reelixir a Rafael Louzán se producisen protestas de persoas afectadas polas participacións preferentes.
Unha campaña en change.org solidarízase con Amina Tyler, unha moza de Túnez sobre a que o imam Adel Almi emitiu unha fatua pedindo que sexa lapidada até a morte, por ter feito unha foto co torso espido e pintada nel a frase "o meu corpo é meu e de ninguén máis".
A Universidade de Vigo celebra o seu Consello de Goberno 'blindado' pola seguridade privada ante as protestas de alumnos, profesores e traballadores. Tamén hai concentracións contra os recortes no claustro da Universidade de Santiago. Máis información, esta mañá en Praza.
O BOE publica hoxe o indulto a David Reboredo.