Bieito Lobeira é o novo secretario de organización do BNG. A Executiva nacionalista distribuíu as novas responsabilidades entre os seus membros con Goretti Sanmartín en Estratexia Municipal, Xosé Antonio Rubal en Comunicación e Montse Prado en Imaxe e Campañas. O organigrama complétano Xavier Campos (Alternativas Programáticas), Adrián Dios (Estudos e Formación), Saleta Chao (Políticas Sectoriais), Ana Miranda (Política Internacional), Rafael Vilar (Acción Social), Mar Vila (Territorio), Ximena González (Acción Feminista) e Iniciativas Políticas (Nestor Rego). Jorquera coordina a acción institucional no Parlamento e Rosana Pérez, no Congreso dos Deputados.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/515098885cc02-51470d7fa8236-2013-03-1812.36.41.jpg)