Jorquera pecha a súa intervención afirmando que "unha persoa que mente non é digna que dirixir este pais". A presidenta do Parlamento cortoulle o micrófono nos últimos instantes por entender que superara o tempo previsto.
Fálase
Francisco Jorquera comeza a súa intervención lembrándolle a Feijoo que acudiu ao Parlamento "arrastrado pola oposición". Amósalle unha foto da xeración perdida de Vilanova de Arousa e afirma que seis dos seis rapaces que aparecen na imaxe morreron "mentres vostede reuníase co seu executor, Marcial Dorado"
Feijoo afirma que "a lexislatura na que a Xunta concedeu máis contratos ás empresas de Dorado foi a do bipartito". No seu discurso tamén fai referencia "aos eres de Andalucía" dirixidas a PSdeG e EU, e a Batasuna e Arnaldo Otegi, dirixidas a BNG. E repite en varias ocasións o cualificativo de "hipocrisía" para referirse á actuación dos grupos da oposición.
Despois de responder de forma telegráfica a 23 preguntas que el mesmo enunciou, Feijoo dedica a súa comparecencia a criticar os grupos da oposición, en especial a Pachi Vázquez. "Que lles queda aos señores da oposición sen a verdade? A insinuación para continuar coa infamia", di
Alberto Núñez Feijoo inicia a súa intervención no Parlamento para dar conta das súas fotos co narco Marcial Dorado e comeza con críticas á oposición e a El País.
Remata o peche contra a Lomce no IES Rosalía de Castro de Santiago. O encerro pasa este mércores ao IES Menéndez Pidal da Coruña e continuará ata final de mes por toda Galicia.
Paula Prado cre que as fotos de Feijóo "publicáronse a instancias do PSOE" e asegura que Rubalcaba o sabía. A voceira do PPdeG fixo estas declaracións nunha entrevista na Radio Galega.
A banca aparca o refinanciamento de Pescanova e prepara unha batalla legal. As entidades acredoras reuníronse en Madrid para acordar a estratexia a seguir na crise da empresa galega.
A reforma laboral atasca os xulgados e aumenta a inseguridade xurídica. A Sala do Social da Audiencia Nacional incrementou o pasado ano nun 50% o número de asuntos tratados e os xuices anularon o 80% dos despedimentos colectivos impugnados nos primeiros meses en vigor da nova norma
Atento despide 112 traballadores na Coruña alegando que hai menos chamadas de clientes de Telefónica e o comité acusa a empresa de desvialas a outros centros para xustificarse. Onte produciuse unha manifestación espontánea na rúa Juan Flórez.