Remata o peche contra a Lomce no IES Rosalía de Castro de Santiago. O encerro pasa este mércores ao IES Menéndez Pidal da Coruña e continuará ata final de mes por toda Galicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5165163c1d147-bhezu0qceaijl22.jpg)
Remata o peche contra a Lomce no IES Rosalía de Castro de Santiago. O encerro pasa este mércores ao IES Menéndez Pidal da Coruña e continuará ata final de mes por toda Galicia.
Paula Prado cre que as fotos de Feijóo "publicáronse a instancias do PSOE" e asegura que Rubalcaba o sabía. A voceira do PPdeG fixo estas declaracións nunha entrevista na Radio Galega.
A banca aparca o refinanciamento de Pescanova e prepara unha batalla legal. As entidades acredoras reuníronse en Madrid para acordar a estratexia a seguir na crise da empresa galega.
A reforma laboral atasca os xulgados e aumenta a inseguridade xurídica. A Sala do Social da Audiencia Nacional incrementou o pasado ano nun 50% o número de asuntos tratados e os xuices anularon o 80% dos despedimentos colectivos impugnados nos primeiros meses en vigor da nova norma
Atento despide 112 traballadores na Coruña alegando que hai menos chamadas de clientes de Telefónica e o comité acusa a empresa de desvialas a outros centros para xustificarse. Onte produciuse unha manifestación espontánea na rúa Juan Flórez.
Andalucía expropiará vivendas aos bancos para impedir desafiuzamentos e multará até con 9.000 euros as vivendas baleiras das entidades financeiras
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca organizou unha asemblea preto da sede do Partido Popular en Madrid para que varias persoas detallasen as súas historias
Escrache ante a sede do PP en Compostela. "Non son suicidios, son asasinatos", berran os concentrados. Imaxe de @EUCompostela.
Comezan os peches contra a Lomce. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública inicia os encerros rotatorios no IES Rosalía de Castro. Imaxe de @CIGEnsino.
Bruxelas advertirá a España de "graves riscos" de desequilibrios económicos e pediralle máis reformas ao Goberno. Cóntao Vozpópuli.