Escrache ante a sede do PP en Compostela. "Non son suicidios, son asasinatos", berran os concentrados. Imaxe de @EUCompostela.
Fálase
Comezan os peches contra a Lomce. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública inicia os encerros rotatorios no IES Rosalía de Castro. Imaxe de @CIGEnsino.
Bruxelas advertirá a España de "graves riscos" de desequilibrios económicos e pediralle máis reformas ao Goberno. Cóntao Vozpópuli.
Unha parella suicídase de mutuo acordo en Compostela por problemas económicos, segundo conta La Voz de Galicia. O suceso tivo lugar no barrio de Fontiñas.
A presidenta do Parlamento insta a deputada do BNG Montse Prado a retirar a expresión "dereita depredadora" referida ao PP. "Aquí non hai ninguén depredador", sinalou Pilar Rojo, que ao negarse a nacionalista á retirada, resolveu que a frase non conste no Diario de Sesións.
A Casa Real di que o rei falou con Catar para mediar a favor de Navantia e non para 'colocar' a Urdangarin. Aseguran que "conversou varias veces sobre o tema" co emir do país árabe.
O Supremo confirma a absolución de Camps polo caso dos traxes.
Denéganlle a nacionalidade española a un inmigrante por non saber o nome da esposa de Rajoy. Magou Ndoye, senegalés, leva dez anos en España pero o feito de descoñecer este dato levou ás autoridade a decretar que non se demostrara "o grao de integración na sociedade española". A Audiencia Nacional admitiu a trámite o seu recurso.
O Congreso veta todas as preguntas de IU, UPyD e BNG sobre a herdanza do rei. As preguntas facían referencia á información publicada por El Mundo segundo a que Juan Carlos herdara 375 millóns de pesetas de seu pai.
A presidenta do Parlamento vén de ler unha declaración institucional, apoiada por todos os grupos do Parlamento, en lembranza do asasinato do cámara galego José Couso a mans das tropas estadounidenses en Iraq. O Parlamento reclama que se aclaren as causas da morte e se xulgue os culpables.