Unha parella suicídase de mutuo acordo en Compostela por problemas económicos, segundo conta La Voz de Galicia. O suceso tivo lugar no barrio de Fontiñas.
Fálase
A presidenta do Parlamento insta a deputada do BNG Montse Prado a retirar a expresión "dereita depredadora" referida ao PP. "Aquí non hai ninguén depredador", sinalou Pilar Rojo, que ao negarse a nacionalista á retirada, resolveu que a frase non conste no Diario de Sesións.
A Casa Real di que o rei falou con Catar para mediar a favor de Navantia e non para 'colocar' a Urdangarin. Aseguran que "conversou varias veces sobre o tema" co emir do país árabe.
O Supremo confirma a absolución de Camps polo caso dos traxes.
Denéganlle a nacionalidade española a un inmigrante por non saber o nome da esposa de Rajoy. Magou Ndoye, senegalés, leva dez anos en España pero o feito de descoñecer este dato levou ás autoridade a decretar que non se demostrara "o grao de integración na sociedade española". A Audiencia Nacional admitiu a trámite o seu recurso.
O Congreso veta todas as preguntas de IU, UPyD e BNG sobre a herdanza do rei. As preguntas facían referencia á información publicada por El Mundo segundo a que Juan Carlos herdara 375 millóns de pesetas de seu pai.
A presidenta do Parlamento vén de ler unha declaración institucional, apoiada por todos os grupos do Parlamento, en lembranza do asasinato do cámara galego José Couso a mans das tropas estadounidenses en Iraq. O Parlamento reclama que se aclaren as causas da morte e se xulgue os culpables.
The Pirate Bay muda o seu dominio sueco .se por un .gl, que corresponde a Groenlandia, polo temor á posible censura do Gobierno de Suecia. É o segundo cambio de dominio en menos dun ano.
O profesorado colaborador que imparte os cursos do Celga vén de facer público un manifesto que recolle a súa "precaria situación" e denuncia que a Xunta pretende "ir eliminando os cursos que impartimos para usar como man de obra máis barata aínda o profesorado das escolas de idiomas e o persoal técnico de normalización lingüística dos concellos"
O Concello de Lugo publica na súa web unha guía para "eludir ou atrasar" os desafiuzamentos.