O Concello de Lugo publica na súa web unha guía para "eludir ou atrasar" os desafiuzamentos.
Fálase
Vén de falecer José Luis Sampedro aos 96 anos de idade. Escritor e economista, nos últimos anos converteuse nun referente para moitos movementos sociais, en especial o 15M.
De Guindos espera que a CNMV actúe de forma "rápida" respecto a Pescanova. Ademais, o ministro de Economía cifra en entre cinco e seis décimas a caída do PIB no primeiro trimestre.
Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña mobilízanse este mércores contra o peche tras a negativa da empresa a buscar alternativas. Marcharán pola cidade e piden unha prórroga para conseguir unha saída industrial á factoría.
O organismo encargado de impulsar a Marca España reduce ao 22% o paro xuvenil en España. O Real Instituto Elcano considera a estimación do 55% de desemprego dos mozos "alarmista, sesgada e parcial".
FJI/Precarios difunde o video Precarios polo mundo, no que dez mozos e mozas españois que tiveron que marchar ao estranxeiro para desenvolver a súa actividade explican por que emigraron e a súa opinión sobre a situación da I+D+i
A banca exixe ao Goberno que blinde todos os depósitos ante futuros rescates. Teme unha solución como a de Chipre e quere evitar que se toquen os aforros minoristas.
José María Castellano reuniuse con Rajoy e pediulle que deixe NovaGalicia Banco fóra do holding da banca nacionalizada. Garántelle que obterá investidores internacionais.
Ken Loach propón "privatizar o funeral" de Margaret Thatcher: "é o que ela querería". O director afirma que o seu legado foi o "desemprego masivo" e pide lembrar que lle chamou "terrorista" a Mandela e "tomou te co torturador e asasino Pinochet". "Por que deberiamos honrala?", conclúe.
Mas, Rubalcaba e Navarro reúnense en segredo en Madrid. No encontro analizouse a proposta de reforma da Constitución.