Mas, Rubalcaba e Navarro reúnense en segredo en Madrid. No encontro analizouse a proposta de reforma da Constitución.
Fálase
O BNG de Muros denuncia que o asesor xurídico lles pon trabas aos veciños para que se expresen en galego nos xuízos, como demostran nun vídeo. Pídenlle á alcaldesa que o cese.
Carlos Callón lembra no seu blog que Sara Montiel cantou en galego nun dos seus filmes, Mi último tango, do ano 1960, "un tempo especialmente duro para o noso idioma e para o noso país"
Barreras mantén contactos con Pemex para unha eventual entrada no capital do estaleiro. A petroleira explora esta opción á marxe do contrato do flotel.
Apenas o 28,7 por cento dos españois le a diario xornais xeralistas, ben sexa en papel ou a través da rede, segundo o barómetro do CIS. A porcentaxe é maior nos homes e entre os 35 e os 55 anos.
Pescanova xustifica a petición de concurso en salvar a compañía da liquidación. A empresa podería ter liquidez para uns poucos días
José Ramón Gómez Besteiro mantén a esta hora un encontro coa militancia do PSdeG das Pontes para presentarlles o seu proxecto como candidato á secretaría xeral do partido. Entre outras iniciativas, propúxolles medidas de "transparencia como a publicación dos salarios da cúpula do partido, a obriga a aceptar e respostar preguntas nas roldas de prensa ou o desenvolvemento do concepto de garantía de voto dos cidadáns"
MSN Messenger pecha hoxe de forma definitiva. Skype, adquirido por Microsoft, toma o seu relevo.
O Indicador mensual de Confianza do Consumidor elaborado polo CIS mellora lixeiramente en marzo con respecto ao mes anterior. Porén, sitúase 11 puntos por debaixo do dato rexistrado en marzo de 2012.
O paro e a corrupción consolidanse como os temas que máis preocupan aos cidadáns, segundo o barómetro do CIS.