Apenas o 28,7 por cento dos españois le a diario xornais xeralistas, ben sexa en papel ou a través da rede, segundo o barómetro do CIS. A porcentaxe é maior nos homes e entre os 35 e os 55 anos.
Fálase
Pescanova xustifica a petición de concurso en salvar a compañía da liquidación. A empresa podería ter liquidez para uns poucos días
José Ramón Gómez Besteiro mantén a esta hora un encontro coa militancia do PSdeG das Pontes para presentarlles o seu proxecto como candidato á secretaría xeral do partido. Entre outras iniciativas, propúxolles medidas de "transparencia como a publicación dos salarios da cúpula do partido, a obriga a aceptar e respostar preguntas nas roldas de prensa ou o desenvolvemento do concepto de garantía de voto dos cidadáns"
MSN Messenger pecha hoxe de forma definitiva. Skype, adquirido por Microsoft, toma o seu relevo.
O Indicador mensual de Confianza do Consumidor elaborado polo CIS mellora lixeiramente en marzo con respecto ao mes anterior. Porén, sitúase 11 puntos por debaixo do dato rexistrado en marzo de 2012.
O paro e a corrupción consolidanse como os temas que máis preocupan aos cidadáns, segundo o barómetro do CIS.
A Xunta diríxese a Google para pedirlle que traduza ao galego o sistema operativo Android, moi popular en dispositivos móbiles e baseado en software libre. (imaxe: Mallando no Android)
Falece a ex primeira ministra británica Margaret Thatcher. Vén de confirmalo a BBC
Morre Sara Montiel aos 85 anos. Neste momento é o segundo tema máis comentado en twitter a nivel mundial.
O Goberno admite que 50 fármacos subiron de prezo tras o medicamentazo. Algúns mesmo duplicaron o seu prezo dende setembro