O Goberno admite que 50 fármacos subiron de prezo tras o medicamentazo. Algúns mesmo duplicaron o seu prezo dende setembro
Fálase
Unha enquisa de Metroscopia para El País pregunta polas fotos de Feijóo con Marcial Dorado. Apenas un 20% das persoas enquisadas amósanse "convencidas" coas explicacións do presidente.
Feijóo teima en rematar a polémica das súas fotos con Marcial Dorado. Nun acto en Madrid asegura que esas imaxes non translocen ningún feito "non só reprochable xuridicamente, senón tampouco eticamente"
O xornalista grego Kostas Vaxevanis recibiu este domingo o Premio Julio Anguita Parrado, que concede o Sindicato de Periodistas de Andalucía.
Urdangarin acepta unha oferta de adestrador axudante da selección de balonmán de Qatar
Comezan os traballos para exhumar os restos de Pablo Neruda. Búscase aclarar se morreu a causa dun cancro ou se puido ser envelenado
Os novos recortes anunciados este domingo polo primeiro ministro portugués Passos Coelho dominan as portadas da prensa lusa e destacan tamén nos xornais españois. A prima de risco portuguesa abre á alza este luns chegando a máximos anuais.
Juan Carlos era confidente dos Estados Unidos cando subiu ao trono e converteuse na gran aposta de Washington para controlar España. Cóntao Público a través das mensaxes diplomáticas norteamericanas, hoxe desclasificadas e organizadas por WikiLeaks.
A suba do IVE provocou un descenso do consumo de todas as marcas, agás as marcas brancas.
Blanca de la Mata, dona de Jesús Posada, presidente do Congreso, moveu 180 millóns de pesetas en diñeiro negro en 1988 a través duns pagarés deseñados para esquivar a Facenda. Fixoo a través dun banco propiedade da súa familia, Eurocapital, que acabou quebrado e intervido.