Os novos recortes anunciados este domingo polo primeiro ministro portugués Passos Coelho dominan as portadas da prensa lusa e destacan tamén nos xornais españois. A prima de risco portuguesa abre á alza este luns chegando a máximos anuais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5162628eab925-captura.jpg)
Os novos recortes anunciados este domingo polo primeiro ministro portugués Passos Coelho dominan as portadas da prensa lusa e destacan tamén nos xornais españois. A prima de risco portuguesa abre á alza este luns chegando a máximos anuais.
Juan Carlos era confidente dos Estados Unidos cando subiu ao trono e converteuse na gran aposta de Washington para controlar España. Cóntao Público a través das mensaxes diplomáticas norteamericanas, hoxe desclasificadas e organizadas por WikiLeaks.
A suba do IVE provocou un descenso do consumo de todas as marcas, agás as marcas brancas.
Blanca de la Mata, dona de Jesús Posada, presidente do Congreso, moveu 180 millóns de pesetas en diñeiro negro en 1988 a través duns pagarés deseñados para esquivar a Facenda. Fixoo a través dun banco propiedade da súa familia, Eurocapital, que acabou quebrado e intervido.
O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, comparece ante o país para asegurar que respecta pero non comparte a decisión do Tribunal Constitucional que ilegalizou varios recortes sociais. Afirma que a fase de emerxencia financeira aínda non pasou e di rexeitar novas subas de impostos. O diario Público está a contalo.
Resultados da Terceira División galega de fútbol
Bergantiños 0 - 1 UD Barbadás
Ordes 1 - 1 Celta B
As Pontes 1 - 3 Pontevedra
Compostela 5 - 0 Narón
Dorneda 1 - 0 Céltiga
Racing de Ferrol 5 - 0 Negreira
Betanzos 3 - 0 Cerceda
Deportivo B 3 - 2 Alondras
Rápido de Bouzas 2 - 1 As Somozas
Vilalonga 2 - 2 Racing Vilalbés
Hoxe celébranse en diferentes puntos do mundo concentracións de mozos e mozas orixinarios do Estado español que emigraron por motivos económicos. "Non marchamos, bótannos" é o lema das mobilización.
El País percorre, nunha ampla reportaxe, as ligazóns entre narcotráfico e política na Galicia dos 80 e dos 90.
O Obradoiro perde por 81-86 ante o Barça tras unha prórroga e no medio dunha polémica actuación arbitral.
O Celta cae por 2-0 ante o Rayo Vallecano e complícase a loita pola permanencia.