Blanca de la Mata, dona de Jesús Posada, presidente do Congreso, moveu 180 millóns de pesetas en diñeiro negro en 1988 a través duns pagarés deseñados para esquivar a Facenda. Fixoo a través dun banco propiedade da súa familia, Eurocapital, que acabou quebrado e intervido.
Fálase
O primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, comparece ante o país para asegurar que respecta pero non comparte a decisión do Tribunal Constitucional que ilegalizou varios recortes sociais. Afirma que a fase de emerxencia financeira aínda non pasou e di rexeitar novas subas de impostos. O diario Público está a contalo.
Resultados da Terceira División galega de fútbol
Bergantiños 0 - 1 UD Barbadás
Ordes 1 - 1 Celta B
As Pontes 1 - 3 Pontevedra
Compostela 5 - 0 Narón
Dorneda 1 - 0 Céltiga
Racing de Ferrol 5 - 0 Negreira
Betanzos 3 - 0 Cerceda
Deportivo B 3 - 2 Alondras
Rápido de Bouzas 2 - 1 As Somozas
Vilalonga 2 - 2 Racing VilalbésHoxe celébranse en diferentes puntos do mundo concentracións de mozos e mozas orixinarios do Estado español que emigraron por motivos económicos. "Non marchamos, bótannos" é o lema das mobilización.
El País percorre, nunha ampla reportaxe, as ligazóns entre narcotráfico e política na Galicia dos 80 e dos 90.
O Obradoiro perde por 81-86 ante o Barça tras unha prórroga e no medio dunha polémica actuación arbitral.
O Celta cae por 2-0 ante o Rayo Vallecano e complícase a loita pola permanencia.
Milleiros de persoas marcharon esta mañá na Coruña para rexeitar o peche da fábrica de armas da cidade (foto: @susobermello)
Alertan de que a Xunta está a borrar e marcar como spam os comentarios críticos coa mina de Corcoesto que usuarios e usuarias de Facebook están a deixar na súa páxina oficial.
A páxina da Xunta en Facebook énchese de mensaxes contra a mina de Corcoesto