O Indicador mensual de Confianza do Consumidor elaborado polo CIS mellora lixeiramente en marzo con respecto ao mes anterior. Porén, sitúase 11 puntos por debaixo do dato rexistrado en marzo de 2012.
Fálase
O paro e a corrupción consolidanse como os temas que máis preocupan aos cidadáns, segundo o barómetro do CIS.
A Xunta diríxese a Google para pedirlle que traduza ao galego o sistema operativo Android, moi popular en dispositivos móbiles e baseado en software libre. (imaxe: Mallando no Android)
Falece a ex primeira ministra británica Margaret Thatcher. Vén de confirmalo a BBC
Morre Sara Montiel aos 85 anos. Neste momento é o segundo tema máis comentado en twitter a nivel mundial.
O Goberno admite que 50 fármacos subiron de prezo tras o medicamentazo. Algúns mesmo duplicaron o seu prezo dende setembro
Unha enquisa de Metroscopia para El País pregunta polas fotos de Feijóo con Marcial Dorado. Apenas un 20% das persoas enquisadas amósanse "convencidas" coas explicacións do presidente.
Feijóo teima en rematar a polémica das súas fotos con Marcial Dorado. Nun acto en Madrid asegura que esas imaxes non translocen ningún feito "non só reprochable xuridicamente, senón tampouco eticamente"
O xornalista grego Kostas Vaxevanis recibiu este domingo o Premio Julio Anguita Parrado, que concede o Sindicato de Periodistas de Andalucía.
Urdangarin acepta unha oferta de adestrador axudante da selección de balonmán de Qatar