Denéganlle a nacionalidade española a un inmigrante por non saber o nome da esposa de Rajoy. Magou Ndoye, senegalés, leva dez anos en España pero o feito de descoñecer este dato levou ás autoridade a decretar que non se demostrara "o grao de integración na sociedade española". A Audiencia Nacional admitiu a trámite o seu recurso.
Fálase
O Congreso veta todas as preguntas de IU, UPyD e BNG sobre a herdanza do rei. As preguntas facían referencia á información publicada por El Mundo segundo a que Juan Carlos herdara 375 millóns de pesetas de seu pai.
A presidenta do Parlamento vén de ler unha declaración institucional, apoiada por todos os grupos do Parlamento, en lembranza do asasinato do cámara galego José Couso a mans das tropas estadounidenses en Iraq. O Parlamento reclama que se aclaren as causas da morte e se xulgue os culpables.
The Pirate Bay muda o seu dominio sueco .se por un .gl, que corresponde a Groenlandia, polo temor á posible censura do Gobierno de Suecia. É o segundo cambio de dominio en menos dun ano.
O profesorado colaborador que imparte os cursos do Celga vén de facer público un manifesto que recolle a súa "precaria situación" e denuncia que a Xunta pretende "ir eliminando os cursos que impartimos para usar como man de obra máis barata aínda o profesorado das escolas de idiomas e o persoal técnico de normalización lingüística dos concellos"
O Concello de Lugo publica na súa web unha guía para "eludir ou atrasar" os desafiuzamentos.
Vén de falecer José Luis Sampedro aos 96 anos de idade. Escritor e economista, nos últimos anos converteuse nun referente para moitos movementos sociais, en especial o 15M.
De Guindos espera que a CNMV actúe de forma "rápida" respecto a Pescanova. Ademais, o ministro de Economía cifra en entre cinco e seis décimas a caída do PIB no primeiro trimestre.
Os traballadores da Fábrica de Armas da Coruña mobilízanse este mércores contra o peche tras a negativa da empresa a buscar alternativas. Marcharán pola cidade e piden unha prórroga para conseguir unha saída industrial á factoría.
O organismo encargado de impulsar a Marca España reduce ao 22% o paro xuvenil en España. O Real Instituto Elcano considera a estimación do 55% de desemprego dos mozos "alarmista, sesgada e parcial".