A Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG), que está celebrando en Cardiff (Gales) o seu X Congreso, vén de elixir a Débora Campos como nova presidenta.
Fálase
#CMin O Código Penal tipifica "expresamente" a "convocatoria" de actos "para a comisión dun delito" e "sanciónanse os actos de incitación a desordes graves"
#CMin O Consello de Ministros aproba o plan hidrolóxico da bacía Galicia-Costa
De Guindos anuncia un novo paquete de recortes. Esas "importantes" reformas faranse públicas nos vindeiros días, di o ministro de Economía. En El Economista
Os prezos da vivenda experimentaron no último trimestre o seu descenso máis importante dende 2007. En Galicia, os prezos caeron un 12,7% no último ano, mentres que no conxunto do Estado o descenso foi do 14,4%, segundo datos do INE. A burbulla inmobiliaria comeza a desincharse, o que tamén pode ter influencia nas decisións que adopten os xestores do futuro banco malo que porá no mercado a bolsa de vivendas e terreos sen vender en mans das entidades bancarias.
EQUO Galicia manifesta a súa disposición a incluir no seu programa e defender as propostas do Programa pola Terra que este mércores presentaron en Ourense ADEGA, Amigos da Terra, CEMMA, FEG e SGHN
#CMin O Goberno central dá os primeiros pasos para instaurar a cadea perpetua revisable
O PPdeG emprega en Twitter o topónimo deturpado La Coruña para reproducir un titular de prensa que se referira á cidade como "Coruña", sen artigo
A militancia de Esquerda Unida dálle un apoio do 80% á coalición con Anova, rexistrada coa denominación Alternativa Galega de Esquerda
Tras ser 'rescatada' pola Xunta, a Fundación Camilo José Cela pasa a formar parte da estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Educación.