A enquisa de Metroscopia publicada por El País sinala que unha candidatura conxunta de Podemos, confluencias e IU superaría en dous puntos o PSOE. A sondaxe de Invymark para La Sexta prevé o sorpasso de Podemos aos socialistas mesmo sen sumar os votos de IU. O estudo de GAD3 para ABC, pola contra, mantén o PSOE en segunda posición, tanto con confluencia coma sen ela. Nos tres traballos o PP sería claramente o partido máis votado (28-29%), mentres que o resultado de Ciudadanos se movería entre o 14 e o 16%
Fálase
O prazo para a presentación de candidaturas para as primarias do PSdeG-PSOE, que nun comezo estaba previsto que rematara o martes 3 de maio, vén de ser ampliado notablemente, ata o día 13. O Comité Federal do PSOE corrixiu así o proceso exprés deseñado pola xestora do PSdeG, que xerara certo malestar en parte da formación. Polo de agora, o único aspirante que fixo oficial a súa candidatura foi Xoaquín Fernández Leiceaga
El Diario presenta neste 1º de maio un xogo de preguntas para ver canto sabes sobre os teus dereitos laborais e sobre a propia celebración do Día internacional do movemento obreiro. Por exemplo "Canto pode durar como máximo o período de proba nun contrato indefinido?"
Vén de comezar na Coruña o acto de presentación dos Principios Básicos das Mareas en Común
Nun acto político en Ourense Núñez Feijoo afirma que "a política non é un tuit" e pídelles aos integrantes do PPdeG que non intenten "ser máis guais" que outras forzas políticas. "Eu non nacín nas redes sociais" pois "nos Peares non había cobertura", dixo.
Xaquín Fernández Leiceaga presentou este sábado a súa candidatura ás primarias que o PSdeG celebrará o vindeiro 28 de maio para escoller o seu aspirante á Presidencia da Xunta. Leiceaga busca ser "o candidato de todos" e co obxectivo de "unir o partido"
Compromiso por Galicia inicia hoxe o proceso de primarias abertas para escoller o seu candidato/a á Presidencia da Xunta e os cabezas de lista provinciais. O proceso completarase o 29 de maio
Pedro Sánchez pídelles aos baróns do seu partido "unidade e confianza" en torno á súa persoa de cara ás eleccións do 26 de xuño. O debate sobre o posto que debe ocupar Madina na lista de Madrid centra parte do Comité Federal do PSOE
Fine Gael e Fianna Fáil, os dous grandes partidos tradicionais irlandeses, acadan un acordo que evitará a repetición de eleccións. Enda Kenny (Fine Gael), primeiro ministro dende 2011, mantén o poder. Nos comicios de febreiro as dúas forzas sumaron un 49,8% dos votos, o seu peor resultado histórico.
A coordinadora de En Marea convoca unha asemblea xeral o 15 de maio para lanzar o proxecto para as eleccións xerais e autonómicas, buscando que a candidatura "bote a andar dende a participación directa e cidadá dende abaixo".