A Fundaçom Artábria acusa o Concello de Ferrol de ser o responsable do derrube dunha parte da casa natal de Carvalho Calero, en Ferrol Vello. A entidade considera que nos últimos anos houbo "boas palavras, promessas incumpridas e escassas concreçons, umha das quais supujo o gasto de 350 mil euros públicos para adquirir o prédio". Pero engade que "a falta de continuidade na iniciativa de recuperaçom desse pedaço do nosso património levou a que agora, quando havia mais 168 mil euros comprometidos para umha atuaçom inicial que nom chegava, o edifício tenha colapsado"
Fálase
Putin ordena o repregamento das tropas que dende hai uns días estaban a realizar exercicios militares no oeste de Rusia. EE.UU. suspende os contactos militares e negociacións sobre o comercio con Rusia.
O paro baixa en febreiro en España por vez primeira dende o inicio da crise. Hai 1.949 persoas desempregadas menos e 38.964 afiliadas máis á seguridade social. En termos desestacionalizados, o paro caeu en 55 mil persoas. En Galicia o número de persoas inscritas nas oficinas de procura de emprego descendeu en 1.006 e hai 1.613 persoas máis afiliadas á seguridade social.
Cae parte da casa natal de Carvalho Calero, no barrio de Ferrol Vello
Genbeta analiza con varios expertos as consecuencias que terá a nova regulación sobre crowdfunding aprobada polo Goberno o pasado venres, e que afecta fundamentalmente as plataformas e actividades de equity crowdfunding (como The Crowd Angel) e crowdlending (préstamos P2P)
Compostela acollerá en abril o congreso Editando para minorías na era dixital, “unha oportunidade para debater sobre a situación do libro e da edición en tempos de recambio tecnolóxico e de agromar de propostas que redescobren o valor dos produtos artísticos de autor, únicos ou concibidos para esixentes minorías"
A xuíza dita a apertura de xuízo oral contra os sete edís de Compostela acusados de prevaricación por querer pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon. Máis información, esta tarde en Praza.
A Axencia Tributaria atopou catro lingotes de ouro na casa de Conde Roa durante a investigación da Pokémon. Cóntao El País.
Rafael Escudero denuncia en El Diario que "as políticas de contratación que se seguen hoxe en gran parte das universidades públicas son garantía de precarización e control ideolóxico do profesorado". Critica a "precariedade" crecente de PDI e PAS.
A sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emite un comunicado para "rexeitar" os "comentarios" do Concello de Santiago contra a maxistrada Ana López Suevos, de quen edís como a voceira local, María Pardo, "insinuaron" que "pode ter algún outro interese que o propio da súa función como xuíza" tras a imputación por prevaricación da metade do goberno local. O TSXG "reclama respecto para os xuíces" e lembra a súa "independencia".