O Diario Ara conmemora o 8 de marzo levando á súa portada as desigualdades entre homes e mulleres dun xeito orixinal.
O Diario Ara conmemora o 8 de marzo levando á súa portada as desigualdades entre homes e mulleres dun xeito orixinal.
Seguen os danos colaterais do rescate ás finanzas de Portugal. O Goberno de Passos Coelho admite que está a pedirlles ás grasndes empresas comida para as escolas públicas. O Diario de Notícias fala abertamente de "fame" na súa primeira páxina de hoxe.
Son moitas as novas e moitas as reaccións ás palabras do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, nas que relacionou aborto e violencia de xénero. Foi nunha intervención no Congreso dos Deputados. Velaquí o que opina o deputado galego Francisco Jorquera
O diario La Razón leva a portada unha nova que están a destacar en Cataluña. "La Generalitat només concedeix ajudes contra la pobresa a organitzacions que utilitzen el català" afirma o diario que dirixe Francisco Marhuenda, tal e como publica o dixital catalán. O diario conservador vai máis alá e insiste en que o Govern presiona aos xuíces para que validen a inmersión lingüística. No mesmo xornal hai moita información sobre o Día da Muller Traballadora. As mulleres xa están ao mesmo nivel que os homes en política, "agora só falta que se lles valore", di o Ara.
"Feijóo díxome que vai mover a axuda do Igape". É a frase que, tal e como consta no sumario da Operación Campeón, lle trasladou Jorge Dorribo a Pablo Cobián tras a cita co presidente da Xunta. Encontro que o propio Cobián conseguira. É a nova de apertura da edición galega de El País
O PP tomba no Congreso unha moción do BNG, pactada co PSOE pola vía da transacción, para modificar o Concordato coa Santa Sé e que, entre outros aspectos, a Igrexa católica pase a pagar impostos. Os populares coidan que falar de "privilexios" da institución eclesiástica é "deformar a realidade". Na Cadena SER.
Amancio Ortega é a quinta maior fortuna do mundo, con máis de 37.500 millóns de dólares. A revista Forbes vén de publicar a listaxe de persoas máis ricas do planeta. O fundador de Inditex está por detrás de Carlos Slim, Bill Gates, Warren Buffet e Bernard Arnault. A fortuna de Ortega supón máis da metade do PIB de Galicia. Enlace a Forbes
Todos os bancos portugueses con exposición relevante á débeda grega participarán da reestruturación pactada entre o Executivo de Atenas e os acredores privados. "Para que o processo avance é necessário que os privados detentores de 75% da dívida pública grega aceitem a operação", avanza o Jornal de Negócios
A vicevoceira parlamentaria do BNG, Ana Luísa Bouza, repróchalle á Consellaría de Sanidade o gasto de 2,2 millóns de euros nunha campaña de publicidade coa que, como adiantou Praza Pública, promocionará o uso de medicamentos xenéricos. A nacionalista pregúntase se ese é "o uso responsable" da sanidade que proclama a Xunta.
BBVA merca Unnim por un euro. O Fondo de Garantía de Depósitos asume as perdas da operación, taxadas en 953 millóns de euros. O FROB tamén constitúe un esquema de protección de activos. As perdas do mesmo, e nun 80%, tamén serán asumidas nun 80% polo FGD durante dez anos. O BBVA convértese na primeira entidade española por volume de activos, por diante de Banco Santander.