"Feijóo díxome que vai mover a axuda do Igape". É a frase que, tal e como consta no sumario da Operación Campeón, lle trasladou Jorge Dorribo a Pablo Cobián tras a cita co presidente da Xunta. Encontro que o propio Cobián conseguira. É a nova de apertura da edición galega de El País
Fálase
O PP tomba no Congreso unha moción do BNG, pactada co PSOE pola vía da transacción, para modificar o Concordato coa Santa Sé e que, entre outros aspectos, a Igrexa católica pase a pagar impostos. Os populares coidan que falar de "privilexios" da institución eclesiástica é "deformar a realidade". Na Cadena SER.
Amancio Ortega é a quinta maior fortuna do mundo, con máis de 37.500 millóns de dólares. A revista Forbes vén de publicar a listaxe de persoas máis ricas do planeta. O fundador de Inditex está por detrás de Carlos Slim, Bill Gates, Warren Buffet e Bernard Arnault. A fortuna de Ortega supón máis da metade do PIB de Galicia. Enlace a Forbes
Todos os bancos portugueses con exposición relevante á débeda grega participarán da reestruturación pactada entre o Executivo de Atenas e os acredores privados. "Para que o processo avance é necessário que os privados detentores de 75% da dívida pública grega aceitem a operação", avanza o Jornal de Negócios
A vicevoceira parlamentaria do BNG, Ana Luísa Bouza, repróchalle á Consellaría de Sanidade o gasto de 2,2 millóns de euros nunha campaña de publicidade coa que, como adiantou Praza Pública, promocionará o uso de medicamentos xenéricos. A nacionalista pregúntase se ese é "o uso responsable" da sanidade que proclama a Xunta.
BBVA merca Unnim por un euro. O Fondo de Garantía de Depósitos asume as perdas da operación, taxadas en 953 millóns de euros. O FROB tamén constitúe un esquema de protección de activos. As perdas do mesmo, e nun 80%, tamén serán asumidas nun 80% polo FGD durante dez anos. O BBVA convértese na primeira entidade española por volume de activos, por diante de Banco Santander.
O tenente de alcalde de Lugo, Antón Bao, insta a Xunta a limpar a vexetación da Muralla da cidade ou "a declarala lugar de interese ambiental", ironiza, dada a cantidade de especies vexetais que se acumulan no monumento.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya anuncia mañá a súa decisión sobre a inmersión lingüística en catalán defendida pola Generalitat. O Goberno catalán convoca a todos os partidos, agás o PP e Ciutadans, e a varios colectivos culturais e de defensa da lingua propia para facer fronte común. En Ara.
BBVA gaña a poxa por Unnim. A entidade catalana foi taxada por un euro antes de ser nacionalizada totalmente polo Estado. É un avance de El Economista
"A austeridade empurra a economía española á catástrofe". É a opinión do Nobel Paul Krugman, que incide en que España representa a crise "por excelencia" da eurozona. O texto orixinal está no seu blog