O tenente de alcalde de Lugo, Antón Bao, insta a Xunta a limpar a vexetación da Muralla da cidade ou "a declarala lugar de interese ambiental", ironiza, dada a cantidade de especies vexetais que se acumulan no monumento.
O tenente de alcalde de Lugo, Antón Bao, insta a Xunta a limpar a vexetación da Muralla da cidade ou "a declarala lugar de interese ambiental", ironiza, dada a cantidade de especies vexetais que se acumulan no monumento.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya anuncia mañá a súa decisión sobre a inmersión lingüística en catalán defendida pola Generalitat. O Goberno catalán convoca a todos os partidos, agás o PP e Ciutadans, e a varios colectivos culturais e de defensa da lingua propia para facer fronte común. En Ara.
BBVA gaña a poxa por Unnim. A entidade catalana foi taxada por un euro antes de ser nacionalizada totalmente polo Estado. É un avance de El Economista
"A austeridade empurra a economía española á catástrofe". É a opinión do Nobel Paul Krugman, que incide en que España representa a crise "por excelencia" da eurozona. O texto orixinal está no seu blog
O presidente da Asociación da Prensa de Granada dimite tras ameazar co seu cinto a unha manifestante pro Palestina. Vídeo en PR Noticias.
O Encontro Irmandiño de Ourense anuncia a baixa dos seus militantes no BNG que, aseguran, "superan as cincuenta". Entre as persoas que optaron pola baixa están a ex concelleira ourensá Iolanda Pérez Docampo e o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez, destacan nun comunicado remitido aos medios.
Persoal de Seaga desbroza o perímetro da residencia oficial de Monte Pío, "que incumpre a lei" ao non haber en torno á casa do presidente cincuenta metros de franxa de defensa contra incendios. A CIG informa de que esta acción se enmarca nas protestas dos traballadores para denunciar que "nin sequera se sabe como se vai organizar a campaña de verán" contra o lume.
O ministro de Educación 'quenta' a precampaña andaluza. En opinión de Wert, "Andalucía non pode servir de exemplo para ninguén" en materia educativa. En Público.
O voceiro do PP en materia de medio ambiente, Daniel Varela, asegura no Parlamento que o PP "aínda, aínda, o PP non é quen de facer chover" para evitar a seca que afecta a Galicia
O vindeiro día 27 entra en vigor o novo manual de sinalización turística da Xunta. Publicado hoxe no DOG, substitúe os sinais aprobados polo bipartito hai menos de catro anos.