O vindeiro día 27 entra en vigor o novo manual de sinalización turística da Xunta. Publicado hoxe no DOG, substitúe os sinais aprobados polo bipartito hai menos de catro anos.
Fálase
Feijóo erixiu esta mañá o PP en partido "pioneiro" nas políticas de igualdade. A voceira do BNG, Ana Pontón, censúralle que os "recortes" provoquen que as mulleres teñan que asumir en maior medida a "carencia de servizos públicos".
A voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, na sesión de control ao presidente da Xunta, amosouse convencida de que Feijóo xa non será lembrado como "Alberto o austero" senón como "Alberto o pufeiro"
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, vén de confirmar que o axuste que deberá acometer a Xunta para pechar 2012 cun déficit do 1,5% rondará os 70 millóns de euros. O déficit orzamentario galego é do 1,61%, o segundo máis baixo do Estado. A cifra foi adiantada en exclusiva por Praza
O ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, asegura que existe unha "presión social" que obriga a abortar ás mulleres. O exalcalde de Madrid, considerado moderado dentro do PP, comprométese a "defender o dereito reprodutivo por excelencia da muller, que é o da maternidade". En El País
As participacións preferentes das antigas Caixa Galicia e Caixanova chegan á sesión de control ao presidente da Xunta. Os detalles, nuns minutos en Praza Pública.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya delibera este mércores sobre o recurso presentado pola Generalitat á sentencia que obriga ás escolas a incluír o castelán coa lingua vehicular. A sentencia agárdase con moita expectación e distintos colectivos como somescola.cat ou Escola en català preparan unha campaña de mobilizacións no caso de que o TSJC non defenda o modelo de inmersión lingüística.
O índice de produción industrial de Galicia volveu marcar un dato moi negativo durante o mes de xaneiro. Anotouse unha caída do 9,2%, fronte á contracción do 2,4% do conxunto do Estado. O galego foi o segundo peor dato de toda España, só por detrás de Madrid.
O Goberno de Navarra instala paquetes de Office de software libre nos seus 9 mil equipos, que convivirán co Microsoft Office, xa instalado, coa idea de facer definitiva nos vindeiros meses a migración a programas libres.
A industria cultural comezou a presentar denuncias contra webs con contidos protexidos con derechos de autor, seguindo a Lei Sinde-Wert. Hai 25 webs denunciadas, entre elas seriespepito.com, elitetorrent.net, pordescargadirecta.com, foroxd ou gratisjuegos. Non está na lista seriesyonkis.com porque ten un proceso xudicial aberto en Murcia.