A industria cultural comezou a presentar denuncias contra webs con contidos protexidos con derechos de autor, seguindo a Lei Sinde-Wert. Hai 25 webs denunciadas, entre elas seriespepito.com, elitetorrent.net, pordescargadirecta.com, foroxd ou gratisjuegos. Non está na lista seriesyonkis.com porque ten un proceso xudicial aberto en Murcia.
Fálase
Prepárase unha guerra de bandeiras en Catalunya? A delegada do Goberno, Maria de los Llanos de Luna, enviará un requerimento aos concellos que non teñan a bandeira española na fachada, e denunciaraos se non a incorporan. O portavoz do Goberno catalán, Francesc Homs, manifestou a súa "sorpresa" por que esta sexa a "prioridade" do Estado central.
Está a piques de comezar #NeThinking na Illa de San Simón, un evento que hoxe e mañá reunirá na Illa de San Simón unha ducia de expertos en comunicación e redes sociais, entre eles Mario Tascón (@mtascon), Eduardo Arcos (@earcos), José Jiménez Moltó (@kurioso) ou Nacho Vigalondo (@vigalondo). Poderá seguirse en streaming e por twitter.
Romney gaña pero non decide nun supermartes que non o foi tanto. Imponse nas primarias republicacanas en seis estados: Massachusetts, Idaho, Vermont, Virginia, Alaska e o decisivo Ohio, pero Santorum gaña en tres (Tennessee, Oklahoma e Dakota do Norte) e Gingrich en Georgia. A resistencia de Santorum, que estivo a piques de dar a sorpresa en Ohio (obtivo o 37% dos votos, fronte ao 38% de Romney, e impúxose na maioría dos condados) fai que a estas alturas aínda non se poida declarar un gañador, ao contrario do que viña sucedendo en procesos anteriores. Explícao Gonzalo Rivero nun artigo en Praza.
Co gallo do primeiro aniversario da catástrofe de Fukushima, Greenpeace España publica unha exposición de fotos e un especial sobre a enerxía nuclear. Neste enlace podes visitar esta exposición virtual e obter información moi interesante nunha viaxe a través de imaxes interactivas. Preme aquí
A Fiscalía abre dilixencias penais polas cargas policiais nas manifestacións estudantís de Valencia. Cóntao La Información.
José Blanco di, a preguntas dos xornalistas no Congreso dos Deputados, que "xa se coñecían hai moitos días" as gravacións telefónicas do caso Campeón. "O que teño que dicir dígollo ao xuíz", sinala.
As medidas serán inauditas. As comunidades autónomas aceptaron, no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), o compromiso para pechar 2012 cun déficit do 1,5%. Implicará un recorte de máis de 15.000 millóns de euros. En Galicia, uns 70 millóns
As traballadoras de Alfageme e Linorsa reciben os premios do Día da Clase Obreira Galega e o Premio 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, respectivamente. A central nacionalista recoñece "a loita de anos" das empregadas da conserveira e á traxectoria das traballadoras da empresa concesionaria da limpeza dos colexios públicos de Vigo.
Brasil é xa a sexta maior economía do mundo, e xa está por diante de Reino Unido. Así o anunciou o ministro de Finanzas deste país, Guido Mantega. A economía brasileira medrou un 2,4% en 2011, fronte ao 0,8% que aumentou o PIB inglés o mesmo exercicio. Máis información na BBC.