Brasil é xa a sexta maior economía do mundo, e xa está por diante de Reino Unido. Así o anunciou o ministro de Finanzas deste país, Guido Mantega. A economía brasileira medrou un 2,4% en 2011, fronte ao 0,8% que aumentou o PIB inglés o mesmo exercicio. Máis información na BBC.
Fálase
O ministro de Exteriores, José Manuel García Margallo, asegura que España é "tan neutral como Suíza" respecto das eleccións en Francia. A prensa vén publicando nos últimos días que hai un pacto entre os dirixentes conservadores para ignorar ao candidato Hollande de maneira deliberada. Hoxe levouno o Tribune galo a primeira páxina
Novagalicia Banco retira o actual ERE e presentará outro nos próximos días ao ter finalizado o periodo de consultas sen acordo algún. O novo ERE entrará en vigor no mes de abril, indicaron fontes sindicais a Praza.
Mentres Elena Espinosa confía en ter os apoios de Lugo para lograr o triunfo no Congreso do PSdeG, Pachi Vázquez realiza un movemento estratéxico e propón ao alcalde lugués, Xosé López Orozco, como presidente do Congreso Nacional dos socialistas.
Bankia vendeu pisos de protección oficial en Badía del Vallés a un prezo cinco veces superior do que estipulaba a Generalitat. Así o veñen de denunciar os veciños, que aportan probas documentais co prezo de tasación do Goberno catalán e a hipoteca final da entidade que preside Rodrigo Rato. A información compílase en Bottup.
Martiño Noriega e os seis edís que conforman dende agora o grupo de goberno de Teo lanzan un manifesto baixo o lema Dende Teo, facendo país, no que volven apostar pola "unidade de acción" cos dous concelleiros da corporación que permanecen no BNG. Defenden a decisión de non entregar as actas por non considerar "ético nin estético" que saísen da corporación "sete dos nove" edís elixidos nos comicios. Ademais, o Concello teense vén de anunciar a reestruturación do goberno local.
"A Laponia va tu puta madre". É a frase que pintaron os traballadores de Navantia Cádiz nunha protesta na cidade andaluza en demanda de carga de traballo. Un dos máximos dirixentes da patronal, José Luis Feito, asegurou que os desempregados debían trasladarse a calquera lugar se había traballo. "A Laponia se é necesario". Información no Diario de Cádiz
Os traballadores de Seaga pechados na base helitransportadada de Silleda para protestar contra os "datos falsos" do operativo contra incendios veñen de ser informados, sinala a CIG, de que "un dispositivo de antidisturbios está preparado para saír de Compostela para dirixirse cara a base co obxectivo de desaloxalos".
Unha auditoría das inspeccións de Finanzas e de Saúde do Goberno portugués carga con dureza contra a colaboración público-privada dos hospitais, que tamén emprega a Xunta en complexos como o novo hospital de Vigo. O informe detecta "nefastas consecuencias financeiras e sociais" nestas operacións, suspendidas pola troika europea que interviu as contas públicas do país. Cóntao o diario portugués Público.
Dez anos do #centenariazo, e dez anos da bandeira coa vaca, como lembra @nicetripgalicia