Co gallo do primeiro aniversario da catástrofe de Fukushima, Greenpeace España publica unha exposición de fotos e un especial sobre a enerxía nuclear. Neste enlace podes visitar esta exposición virtual e obter información moi interesante nunha viaxe a través de imaxes interactivas. Preme aquí
Fálase
A Fiscalía abre dilixencias penais polas cargas policiais nas manifestacións estudantís de Valencia. Cóntao La Información.
José Blanco di, a preguntas dos xornalistas no Congreso dos Deputados, que "xa se coñecían hai moitos días" as gravacións telefónicas do caso Campeón. "O que teño que dicir dígollo ao xuíz", sinala.
As medidas serán inauditas. As comunidades autónomas aceptaron, no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), o compromiso para pechar 2012 cun déficit do 1,5%. Implicará un recorte de máis de 15.000 millóns de euros. En Galicia, uns 70 millóns
As traballadoras de Alfageme e Linorsa reciben os premios do Día da Clase Obreira Galega e o Premio 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, respectivamente. A central nacionalista recoñece "a loita de anos" das empregadas da conserveira e á traxectoria das traballadoras da empresa concesionaria da limpeza dos colexios públicos de Vigo.
Brasil é xa a sexta maior economía do mundo, e xa está por diante de Reino Unido. Así o anunciou o ministro de Finanzas deste país, Guido Mantega. A economía brasileira medrou un 2,4% en 2011, fronte ao 0,8% que aumentou o PIB inglés o mesmo exercicio. Máis información na BBC.
O ministro de Exteriores, José Manuel García Margallo, asegura que España é "tan neutral como Suíza" respecto das eleccións en Francia. A prensa vén publicando nos últimos días que hai un pacto entre os dirixentes conservadores para ignorar ao candidato Hollande de maneira deliberada. Hoxe levouno o Tribune galo a primeira páxina
Novagalicia Banco retira o actual ERE e presentará outro nos próximos días ao ter finalizado o periodo de consultas sen acordo algún. O novo ERE entrará en vigor no mes de abril, indicaron fontes sindicais a Praza.
Mentres Elena Espinosa confía en ter os apoios de Lugo para lograr o triunfo no Congreso do PSdeG, Pachi Vázquez realiza un movemento estratéxico e propón ao alcalde lugués, Xosé López Orozco, como presidente do Congreso Nacional dos socialistas.
Bankia vendeu pisos de protección oficial en Badía del Vallés a un prezo cinco veces superior do que estipulaba a Generalitat. Así o veñen de denunciar os veciños, que aportan probas documentais co prezo de tasación do Goberno catalán e a hipoteca final da entidade que preside Rodrigo Rato. A información compílase en Bottup.