Feijóo erixiu esta mañá o PP en partido "pioneiro" nas políticas de igualdade. A voceira do BNG, Ana Pontón, censúralle que os "recortes" provoquen que as mulleres teñan que asumir en maior medida a "carencia de servizos públicos".
Fálase
A voceira parlamentaria do BNG, Ana Pontón, na sesión de control ao presidente da Xunta, amosouse convencida de que Feijóo xa non será lembrado como "Alberto o austero" senón como "Alberto o pufeiro"
A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, vén de confirmar que o axuste que deberá acometer a Xunta para pechar 2012 cun déficit do 1,5% rondará os 70 millóns de euros. O déficit orzamentario galego é do 1,61%, o segundo máis baixo do Estado. A cifra foi adiantada en exclusiva por Praza
O ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, asegura que existe unha "presión social" que obriga a abortar ás mulleres. O exalcalde de Madrid, considerado moderado dentro do PP, comprométese a "defender o dereito reprodutivo por excelencia da muller, que é o da maternidade". En El País
As participacións preferentes das antigas Caixa Galicia e Caixanova chegan á sesión de control ao presidente da Xunta. Os detalles, nuns minutos en Praza Pública.
O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya delibera este mércores sobre o recurso presentado pola Generalitat á sentencia que obriga ás escolas a incluír o castelán coa lingua vehicular. A sentencia agárdase con moita expectación e distintos colectivos como somescola.cat ou Escola en català preparan unha campaña de mobilizacións no caso de que o TSJC non defenda o modelo de inmersión lingüística.
O índice de produción industrial de Galicia volveu marcar un dato moi negativo durante o mes de xaneiro. Anotouse unha caída do 9,2%, fronte á contracción do 2,4% do conxunto do Estado. O galego foi o segundo peor dato de toda España, só por detrás de Madrid.
O Goberno de Navarra instala paquetes de Office de software libre nos seus 9 mil equipos, que convivirán co Microsoft Office, xa instalado, coa idea de facer definitiva nos vindeiros meses a migración a programas libres.
A industria cultural comezou a presentar denuncias contra webs con contidos protexidos con derechos de autor, seguindo a Lei Sinde-Wert. Hai 25 webs denunciadas, entre elas seriespepito.com, elitetorrent.net, pordescargadirecta.com, foroxd ou gratisjuegos. Non está na lista seriesyonkis.com porque ten un proceso xudicial aberto en Murcia.
Prepárase unha guerra de bandeiras en Catalunya? A delegada do Goberno, Maria de los Llanos de Luna, enviará un requerimento aos concellos que non teñan a bandeira española na fachada, e denunciaraos se non a incorporan. O portavoz do Goberno catalán, Francesc Homs, manifestou a súa "sorpresa" por que esta sexa a "prioridade" do Estado central.