A Enciclopedia Británica deixa de imprimirse despois de 244 anos. A partir de agora centrase na edición dixital da enciclopedia, que ten un custe de 60 euros anuais.

A Enciclopedia Británica deixa de imprimirse despois de 244 anos. A partir de agora centrase na edición dixital da enciclopedia, que ten un custe de 60 euros anuais.
O Reino Unido autoriza a primeira extradición a Estados Unidos por infracción de copyright. Trátase de Richard O´Dwyer, un estudante de 23 anos que operaba a web de enlace TVShack.
Santorum gaña nos estados sureños de Alabama e Mississippi e reduce as distancias cun Romney que foi o terceiro candidato máis votado nos dous comicios, moi axustados ambos, por detrás de Santorum e Gingrich.
A familia Franco perde o recurso contra a apertura do Pazo de Meirás. O Tribunal Supremo confirma a sentencia do TSXG.
O alcalde de Badalona, Xavier Garcia Albiol (PP), coñecido polas súas posicións ultra, suprime o rexistro de unións civís por "favorecer a inmigración ilegal". Nos últimos meses Montcada, Sabadell e Barcelona tamén eliminaron os seus rexistros. Máis información, en Público.
Morreu Teresa Pàmies. Filla do dirixente marxista Tomás Pàmies, a escritora finou en Granada á idade de 92 anos. Foi dirixente das Joventuts Socialistes Unificades de Catalunya e unha das fundadoras da Aliança Nacional de Dona Jove (1937-39). Escribiu a súa primeira novela aos 52 anos: Testament a Praga. A foto é de La Vanguardia
A Fiscalía Anticorrupción prepara unha solicitude de fianza para Iñaki Urdangarín de dous millóns de euros, avanza o diario Ara. Non é unha medida para que o xenro do rei "evite a prisión" senón "para asegurar que, en caso de que sexa condenado, poida pagar a presunta multa ou indemnización"
O líder do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, comeza falando da "obriga de chegar a acordos" contra a crise e o paro e dille a Núñez Feijoo que "vai pasar á historia como o presidente co que se destruiu máis emprego". Propón, ao igual que fixera o BNG, un novo treito no IRPF para as rendas máis altas e un imposto aos depósitos bancarios que non repercuta nos clientes e "bolsas-contrato" para mozos de 500 euros ao mes. Ademais, insta a converter o Igape "nunha axencia de crédito público" e lembra que en Galicia hai 600.000 persoas no umbral da pobreza. Así mesmo, Vázquez critica os recortes en ensino e sanidade, o proxecto da incineradora para o sur de Galicia e o plano acuícola, que "dá licenza para estragar toda a costa galega" #debateautonomía #debatenación
A voceira do BNG, Ana Pontón, comezou a súa intervención comparando a Núñez Feijoo con Dorian Gray ao esconder "o retrato real do seu paso polo goberno", por exemplo o feito de que a débeda da administración galega se triplicase. Así mesmo denunciou a "porta aberta ao repagamento da sanidade", a "desactivación masiva" de tarxetas sanitarias a persoas desempregadas e a "cruzada contra o galego" iniciada -dixo- polo presidente da Xunta. A deputada nacionalista propuxo, finalmente, "paralizar definitivamente" os edificios sen rematar na Cidade da Cultura e afirmou que "sempre hai alternativas, como unha banca pública galega. #debateautonomía #debatenación
O secretariado confederal da CIG, reunido esta mañá, decidiu pórse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á folga xeral e o do propio día 29 de marzo. Así o informou o sindicato nacionalista, que celebrará manifestacións propias o día 29.