O PP faise coa alcaldía de Pontecesures, ata agora do BNG, grazas a unha moción de censura, a primeira dende que Alfonso Rueda dirixe o PP de Pontevedra. O novo alcalde, Juan Manuel Seage, tomou posesión entre apupos e co apoio de Terra Galega e mais dun grupo independente.
