Noite de protestas en Grecia logo dunha nova vaga de recortes. O número de manifestantes cae nunha nova mobilización contra a austeridade. O Parlamento aproba recortes en pensións e aumentos en impostos directos e indirectos.
Fálase
Felipe González apoiou cun vídeo o 'broker' iraní dos papeis de Panamá. O ex presidente gravou unha peza na que defendía a Massoud Zandi ante investidores e dirixentes internacionais.
Temor na conserva galega pola alianza do dono de Albo e o xigante Tri Marine. Repártense o accionariado dunha factoría para o procesado de atún na China.
Pedro Sánchez é xa oficialmente candidato outra volta á Presidencia do Goberno de España polo PSOE. Xuntou 36.021 avais e os outros dous precandidatos, militantes de base, non chegaron á cifra mínima, polo que xa non haberá votación.
O Celta festexa o seu regreso á competición europea cunha vitoria por 1-0 ante o Málaga en Balaídos.
O Deportivo asegúrase a permanencia en Primeira división tras gañar 0-2 ao Villareal
O tradutor Borxa González Tenreiro gaña a duodécima edición do certame de artigos normalizadores de Carballo, no que colabora Praza Pública. O xurado elixiuno por unanimidade este sábado.
Feijóo revalida a presidencia do PPdeG co 97,8% dos votos á súa candidatura. O 2,2% restante foron sufraxios en branco. A información, hoxe en Praza.
AO VIVO Foro Galego desenvolve este domingo en Santiago o seu encontro sobre a confluencia da "esquerda nacional" coas mareas nas eleccións galegas. Pódese seguir en directo nesta ligazón.
Os delegados do PPdeG votan arestora a candidatura única de Feijóo no seu congreso, cuxa segunda xornada inaugurou Baltar e clausurará Dolores de Cospedal xunto ao presidente da Xunta.