Os delegados do PPdeG votan arestora a candidatura única de Feijóo no seu congreso, cuxa segunda xornada inaugurou Baltar e clausurará Dolores de Cospedal xunto ao presidente da Xunta.

Os delegados do PPdeG votan arestora a candidatura única de Feijóo no seu congreso, cuxa segunda xornada inaugurou Baltar e clausurará Dolores de Cospedal xunto ao presidente da Xunta.
Liberados en Siria os xornalistas Antonio Pampliega, José Manuel López e Ángel Sastre, desaparecidos dende o pasado ano.
Feijóo designa a Miguel Tellado como substituto de Rueda na secretaría xeral do PPdeG. Toda a información, hoxe en Praza.
Comeza en Ourense o congreso do PPdeG coa remuda de Alfonso Rueda como incógnita. Previsiblemente, o nome da persoa designada por Feijóo para ocupar a secretaría xeral do partido vaise coñecer esta tarde.
IU volverá consultar ás súas bases cando chegue a un acordo pechado con Podemos para as xerais.
José Antonio Gómez, reelixido secretario xeral de UGT Galicia. A nova executiva do sindicato tivo o apoio do 77% do seu congreso, que vén de concluír.
Rueda, Levy e Maillo están en Ourense para apoiar a Feijóo no congreso do PPdeG. O vicesecretario de Organización alerta dun "pacto á granadina" a nivel estatal. Máis información, esta tarde en Praza.
Mareas en Común celebra xa a Marea Baixa, primeiro paso cara á confluencia. Plataformas locais, organizacións políticas e persoas a título individual reúnense en Ames.
A Fundación Francisco Franco protesta pola retirada da medalla de ouro ao ditador en Ourense e acusa a Ourense en Común de non atreverse a facelo antes.
Yolanda Díaz defende a confluencia entre Podemos e IU e censura os críticos nunha entrevista en eldiario.es. A deputada de En Marea cre que a unión "pon contra as cordas os poderes fácticos".