Mareas en Común celebra xa a Marea Baixa, primeiro paso cara á confluencia. Plataformas locais, organizacións políticas e persoas a título individual reúnense en Ames.

Mareas en Común celebra xa a Marea Baixa, primeiro paso cara á confluencia. Plataformas locais, organizacións políticas e persoas a título individual reúnense en Ames.
A Fundación Francisco Franco protesta pola retirada da medalla de ouro ao ditador en Ourense e acusa a Ourense en Común de non atreverse a facelo antes.
Yolanda Díaz defende a confluencia entre Podemos e IU e censura os críticos nunha entrevista en eldiario.es. A deputada de En Marea cre que a unión "pon contra as cordas os poderes fácticos".
Galicia crea medio milleiro de empresas ao mes pero o 95% teñen un ou dous socios. Catro de cada dez novas sociedades son bares ou comercios.
Educación aforrou en seis anos 183 millóns coa redución de profesorado. O sindicato ANPE elabora un informe no que denuncia tamén a supresión de axudas do fondo de acción social.
As negociacións de Podemos e IU atáscanse polas listas electorais. O reparto dos postos que aseguran presenza no Congreso son a principal discordia.
UGT-Galicia celebra o seu XII Congreso buscando un sindicato "máis austero, transparente e eficaz". O seu secretario xeral, José Antonio Gómez, será reelixido, iniciando o seu cuarto mandato
Pontón fai un "chamamento a unha candidatura de nación" para o 26-X durante unha visita ao Concello de Lalín. A portavoz e candidata do BNG apela a "todas as forzas que teñen os seus centros de decisión en Galiza, como Anova, CxG, FOGA, PCPG, a unirnos, a ir da man".
Méndez Romeu presenta a súa candidatura ás primarias do PSdeG avalado por Orozco, dirixentes de Vigo e afíns ao exlíder do partido, Pachi Vázquez. Proponse, di, recuperar "os valores do socialismo".
A suma de Podemos, IU e as confluencias supera o PSOE, segundo o CIS. O PP volvería gañar as eleccións pero con menos apoio que en decembro.